Actividades extraescolares

INGLÉS

As clases de inglés van dirixidas a nenos/as maiores de 3 anos. Trabállase en pequeno grupo e, ademais de aprender inglés de forma divertida, acompañámolo/a durante todo o proceso de aprendizaxe.

Fanse grupos por idades para garantir a interacción entre os alumnos/as.

As inscricións realízanse trimestralmente.

Infórmate aquí

 

RISA – KIDS

A risa é un potente recurso para traballar o benestar persoal e para crear grupos que se consolidan no respeto mutuo. Así mesmo, mediante os obradoiros de risa podemos coñecer máis ás persoas coas que compartimos o día a día e tamén a nós mesmos/as.

Rir en grupo beneficia unha convivencia positiva.

Así mesmo, dende a nosa entidade propoñemos un taller semanal de risoterapia, no cal mediante dinámicas e técnicas da disciplina traballaremos:

  • Benestar persoal.
  • Cohesión de grupo.
  • Autoestima e Autoconfianza.
  • As emocións e a intelixencia emocional.
  • A risa interior. Ioga da risa.
Pregúntanos

 

COCIÑA CREATIVA

O obradoiro de cociña creativa consiste en elaborar diferentes receitas coa supervisión e axuda dunha persoas adulta. A receitas poden ser doces, salgadas ou de frutas. A través deste obradoiro preténdese traballar medidas de hixiene saudables, alimentación saudable, igualdade de xénero e a creatividade.

O primordial é que nenos e nenas elaboren os platos coas súas propias mans, para que ó final da sesión leven para a casa a proba da receita e poidan compartila en familia.

Consúltanos

 

DIVER – ART

Este obradoiro pretende estimular a creatividade do alumnado elaborando diversas creacións con diferentes e novidosos materiais e incluso con materiais reciclados.

Algunhas das técnicas que serán empregadas para a elaboración de manualidades serán a papiroflexia, a filigrana, pintura en vidrio, decoración con plomo escolar, traballo con fieltro, decoración de tellas, pintura en tela, entre outras ideas que poidan ir xurdindo.

Fala connosco

 

Scroll ao inicio
Ir o contido