Traballamos por unha memoria en forma
A estimulación cognitiva abrangue todas aquelas actividades que se realizan co obxecto de mellorar ou manter o funcionamento cognitivo, así mesmo mediante exercicios de memoria, percepción, atención, concentración, linguaxe… , preténdese manter a mente activa.
A nosa metodoloxía caracterízase por levar a cabo exercicios de estimulación cognitiva de xeito dinámico, combinamos diferentes recursos e actividades que son motivadoras e beneficiosas para o noso cerebro.
Mente activa é unha actividade de
- Carácter preventivo para persoas adultas a partir de 50 anos.
- Actividade de continuidade (podes darte de alta cando queiras).