Inglés

Nas clases de inglés trabállase en pequeno grupo para garantir o dinamismo e atención necesaria a cada alumno/a. Unha metodoloxía de traballo ao teu ritmo e con contidos didácticos adaptados aos teus obxectivos e necesidades.

Ademais de aprender inglés de forma divertida, acompañámoste no proceso de preparación das probas de nivel.

Como se crean os grupos?

Para os adultos a creación do grupo responderá ó nivel (A1, A2, B1, B2…), polo que se fará unha proba inicial de avaliación na que se determinará cal é o grupo máis adecuado ao teu nivel no idioma. Isto axudará a adaptar os contidos e levar un ritmo axeitado.

Cando se realizan as inscricións?

As inscricións realizaranse trimestralmente.

Horarios e tarifas

Consulta horarios e prezo a través do formulario web, teléfono ou ven a visitarnos ao noso centro aquí.

 

Infórmate aquí
Scroll ao inicio
Ir o contido