SOEI

A nosa pequena gran historia…

Soei nace no ano 2017, logo dunha etapa de traballo e maduración do proxecto. Unha etapa na que, con moito agarimo, dedicación e coñecementos, elaboramos un completo programa de conciliación para as familias e un lote de solucións adaptadas ás necesidades da infancia e os/as seus/súas proxenitores/as.

 

O noso equipo

Isabel Otero

Isabel Otero

Educadora Social

Educadora social e Xerontóloga pola Universidade de Santiago de Compostela.

Isabel é docente de obradoiros de risoterapia e ioga da risa, estimulación cognitiva e xerontoximnasia.

Conta con máis de 5 anos de experiencia na intervención con persoas maiores e infancia en obradoiros, campamentos urbanos e servizos de conciliación familiar.

Sonia García

Sonia García

Mestra de Educación Primaria

Mestra de Educación Primaria pola Universidade de Santiago de Compostela.

Sonia é monitora de temo libre e especialista en diversidade funcional.

Conta cun ampla experiencia na xestión e coordinación de servizos de conciliación familiar e campamentos urbanos, así como en docencia á infancia.

 

Teresa Barros

Teresa Barros

Mestra de inglés

Teresa é  Mestra de Lingua Estranxeira Inglés, diplomada pola Universidade de Santiago de Compostela.

Conta con máis de 15 anos de experiencia na docencia.

As súas clases caracterízanse por unha metodoloxía participativa, na que o alumnado aprende de maneira lúdica e creativa.

“Unha mestra é un compás que activa os imáns da curiosidade, o coñecemento e a sabiduría do alumnado” – Ever Garrisson

 

As nosas instalacións

Contamos cun centro na Estrada (Pontevedra), na Rúa Gradín nº1.

Aínda que tamén poderás atoparnos e múltiples ocasións organizando talleres noutras instalacións, nese caso manterémoste informado/a.

Ao seguir navegando no sitio aceptas as políticas de cookies. máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close