Adultos

Mente activa

Actividades dirixidas a manter e mellorar o funcionamento cognitivo mediante exercicios de memoria, percepción, atención, concentración, linguaxe... a través de programas estruturados de estimulación.

Inglés

Aprendizaxe e mellora do idioma estranxeiro por excelencia. A lingua anglosaxona ten unha gran importancia na sociedade actual, sendo o principal vehículo de comunicación de referencia no mundo.

Risa

A risoterapia é unha técnica psicoterapéutica que aporta grandes beneficios mentais e emocionais a través da risa.

Trátase de encontros grupais onde a diversión está asegurada.

Obradoiros e talleres

Ideas para crear, aprender e compartir. Unha forma xenial de mellorar a concentración e diminuír o estrés. Descubre os beneficios que aporta a realización de traballos manuais.

 Podes ver o noso calendario de obradoiros e talleres no seguinte enlace:

Pandeireta

Aprender a tocar un instrumento é unha maneira eficaz e divertida de manter o cerebro en forma. A música actúa de terapia, tanto para a fisioloxía cerebral como a través do desenvolvemento das súas capacidades.

Ao seguir navegando no sitio aceptas as políticas de cookies. máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close