Servizos

Infancia

Apoio educativo

O apoio educativo aos nenos e nenas baséase nas necesidades que presentan para facer fronte ás tarefas académicas. SOEI Educación aporta todo un abano de solucións centradas na aprendizaxe e adquisición de hábitos de estudo.

Conciliación familiar

A conciliación familiar é máis que unha tendencia actual, é unha forma de vida. Un servizo que aporta múltiples beneficios tanto aos nenos e nenas como aos pais e nais, a través do cal poden centrarse nas súas tarefas e actividades de ocio.

Actividades extraescolares

As actividades estraescolares aportan un sinfín de beneficios como a mellora da saúde psico-emocional, a estimulación cognitiva, mellora a capacidade do traballo en equipo e a socialización... En resumo, un espazo para liberar a enerxía e aprender.

Obradoiros e talleres

SOEI presenta os talleres e obradoiros como estratexia didáctica para o desenvolvemento das capacidades dos nenos e nenas. Unha morea de actividades ao longo do ano que podes ir consultando no noso calendario.

Animación

Vodas, bautizos, comuñóns, aniversarios, festas populares, festas fin de curso...

Ameniza os teus eventos coas propostas de animación para a infancia, un día de celebración para todos/as.

 

Adultos

Mente activa

Actividades dirixidas a manter e mellorar o funcionamento cognitivo mediante exercicios de memoria, percepción, atención, concentración, linguaxe... a través de programas estruturados de estimulación.

Inglés

Aprendizaxe e mellora do idioma estranxeiro por excelencia. A lingua anglosaxona ten unha gran importancia na sociedade actual, sendo o principal vehículo de comunicación de referencia no mundo.

Risa

A risoterapia é unha técnica psicoterapéutica que aporta grandes beneficios mentais e emocionais a través da risa.

Trátase de encontros grupais onde a diversión está asegurada.

Obradoiros e talleres

Ideas para crear, aprender e compartir. Unha forma xenial de mellorar a concentración e diminuír o estrés. Descubre os beneficios que aporta a realización de traballos manuais.

 Podes ver o noso calendario de obradoiros e talleres no seguinte enlace:

Pandeireta

Aprender a tocar un instrumento é unha maneira eficaz e divertida de manter o cerebro en forma. A música actúa de terapia, tanto para a fisioloxía cerebral como a través do desenvolvemento das súas capacidades.

 

Ao seguir navegando no sitio aceptas as políticas de cookies. máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close